Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Colisión entre unha furgoneta e un camión en Melide

O suceso tivo lugar esta tarde na Rolda de Pontevedra e os vehículos foron retirados ao cabo de tres horas


Ecos da Comarca/Melide

Os vehículos implicados no accidente de Melide.

Este luns non foi un bo día para o municipio de Melide que rexistrou ao menos dous sucesos nas estradas. Despois do atropelo mortal en Zas de Rei esta mañá, pola tarde tivo lugar outro aparatoso sinistro de tráfico no casco urbano, concretamente na Rolda de Pontevedra, máis coñecida como a estrada de Agolada.

O 112 Galicia recibiu a chamada ás 16:09. No mesmo víronse implicados unha furgoneta e un camión. Ata o lugar, desprazáronse os Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e a Policía Local da localidade. Tres horas despois do ocorrido continuaba no lugar a Garda Civil de Tráfico e acaban de ser retirados ambos vehículos.


1904 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE