top of page

Colisión entre un turismo e unha furgoneta na A-54 á altura do Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Este martes rexistrouse un accidente de tráfico no concello do Pino no cal se viron implicados dous vehículos. O 112 Galicia foi alertado uns minutos despois das 8:00 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre un turismo e unha furgoneta, a cal quedou envorcada, na A-54 á altura do concello do Pino sentido Lugo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Unha persoa queixábase de dor da cabeza, pero todas estaban liberadas e accesibles", indica o 112. Foron mobilizados Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico e tamén se informou aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page