Colisión entre un coche e unha furgoneta en Melide
- ecosdacomarca

- 8 nov. 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este mediodía rexistrouse un accidente entre dous vehículos en Melide, que se saldou cunha persoa ferida leve.

O 112 Galicia foi avisado ás 12:39 horas por parte dun particular e tamén do eCall dun dos vehículos, que é o sistema que avisa automaticamente a Emerxencias en caso de accidente. Tal e como informa o 112 Galicia o sinistro tivo lugar na N-547 no quilómentro 50. No coñecido como cruce de Santa María.
Tratouse dunha colisión entre un coche e unha furgoneta. O 112 avisou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Protección Civil e ao Servizo de Mantemento de Estradas.
"Indicáronos que os ocupantes de ambos vehículos estaban liberados e accesibles e só unha persoa precisaba asistencia médica porque tiña algo de dor polo impacto dos airbags", informa o 112 Galicia.







Comentarios