O choque tivo lugar no punto quilométrico 3 da DP-0604,
uns minutos despois das 10:30h desta mañá
IsmaelRS/O Pino Unha colisión entre un turismo e un furgón no Pino saldouse co condutor do coche ferido de consideración.
O choque tivo lugar no punto quilométrico 3 da DP-0604, uns minutos despois das dez e media.
Foi, a esa hora, cando o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ata a zona un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido.
Tamén, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ordes, que excarceraron a porta do condutor do turismo e colaboraron na extracción do varón cunha padiola, dos Bombeiros de Arzúa, dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil de Arzúa.
Comments