top of page

Colisión entre un coche e un camión no municipio do Pino

Ecos da Comarca/O Pino

Este martes produciuse un accidente no concello do Pino no que se viron implicados dous vehículos e se saldou cunha persoa ferida.

Foto de arquivo. Autor: Ecos da Comarca

Tal e como informa o 112 Galicia o suceso ocorreu na N-634 á altura do quilómetro 707 na parroquia de Castrofeiro. "Foi un particular o que nos avisou sobre as 9:30 horas.Tratouse dunha colisión por alcance entre un turismo e un camión", informa o 112 Galicia.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"O turismo interfería na circulación e unha persoa precisaba asistencia sanitaria", engade o 112.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago e á Garda Civil.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page