top of page

Colisión entre un camión e unha moto en Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

Esta mañá produciuse un accidente no municipio de Silleda no que se viron implicados dous vehículos e que se saldou cunha persoa ferida.

Foto arquivo. Autor: Ecos da Comarca.

O 112 Galicia foi alertado pasados uns minutos das 11:30 horas deste sábado. Tratouse dunha colisión entre un camión de penso e unha moto, tal e como informa o 112 Galicia.


O suceso ocorreu na N-525, no punto quilométrico 305, á altura de Margaride. "Como consecuencia resultou ferido o motorista", indica o 112.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros de Silleda.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page