Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes
Esta mañá rexistrouse un accidente entre dous vehículos no municipio de Sobrado dos Monxes que se saldou cunha persoa ferida. O suceso ocorreu ao redor das 9:30 horas.
En concreto, o 112 Galicia foi avisado por un particular ás 9:41 horas. "Foi unha colisión entre un camión e unha furgoneta e quedou ferida unha muller que viaxaba na furgoneta", informa o 112. O suceso ocorreu na estrada AC-231 á altura do quilómetro 17, na Porta.
Os vehículos, como indica o 112 Galicia, quedaron obstaculizando o tráfico. Ata o lugar desprazáronse á Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Arzúa (que xa non tiveron que intervir porque a ferida estaba accesible e liberada), o GES de Curtis e Urxencias Sanitarias.
Comments