Colisión entre dous vehículos en Sendelle, Boimorto
- ecosdacomarca
- 17 dic 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto

Este domingo rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Boimorto. Tal e como informa o 112 Galicia víronse implicados dous vehículos e foi necesaria asistencia médica para algún dos ocupantes. O 112 foi alertado ás 7:21 horas.
Publicidade
"Tratouse dunha colisión entre dous turismos e un deles quedou envorcado. De feito, nun primeiro momento informáronos de que unha das persoas non daba saído, pero finalmente cando chegaron os bombeiros xa estaba fóra", indica o 112 que sinala que o suceso ocorreu na estrada DP 0603 á alturada da parroquia de Sendelle.
Publicidade
O 112 avisou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.
Publicidade
"Ademais foi necesario a intervención do Servizo de Mantemento da Estrada, neste caso é da Deputación, para limpar os restos que quedaron do accidente", engade o 112.
Comments