Ecos da Comarca/Arzúa

Este luns rexistrouse un accidente de tráfico na localidade de Arzúa. O 112 Galicia foi alertado ás 18:29 horas.
Publicidade
Tratouse dunha colisión entre dous vehículos na N-547 na Avenida de Lugo, tal e como informa o 112 Galicia. "Avisounos un particular e nun primeiro momento indicáronos que non había feridos, pero despois avisáronos de que había máis dunha persoa mareada a causa do sinistro", sinala o 112.
A incidencia foi ocasionada pola colisión entre dous vehículos na intersección entre a N-547 e a AC-243, a cal ocasionou importantes retencións no tráfico rodado. Froito do accidente produciuse tamén un derrame de combustible sobre a vía. O operativo consistiu na sinalización da zona, a dirección do tráfico e a limpeza dos vertidos na estrada. Nel participou tamén a Garda Civil de Tráfico, tal e como informa Prensa - Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruña.
Publicidade
O 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, a Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.
Comments