Colisión entre dous turismos na parroquia lalinense de Cadrón
- ecosdacomarca
- 9 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Este mércores rexistrouse un accidente de tráfico entre dous vehículos na N-640 á altura do punto quilométrico 153, na parroquia lalinense de Cadrón, tal e como informa o 112 Galicia. Este foi alertado ás 13:21 horas por un particular.
"Foi un choque entre dous turismos. Nun primeiro momento, indicáronnos que non había feridos polo que avisamos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Deza e a Emerxencias Lalín", indica o 112. "Un vez no lugar, Emerxencias Lalín comunicounos que había unha persoa ferida leve polo que demos aviso a Urxencias Sanitarias", engade.
Comments