Colisión entre dous turismos en Rodeiro
- ecosdacomarca

- 31 may 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro

Esta tarde rexistrouse un accidente no municipio de Rodeiro. Ocorreu na estrada PO-533 que enlaza Lalín con Rodeiro, a uns cinco quilómetros desta última localidade, tal e como informa o 112 Galicia, que recibiu o aviso de Urxencias Sanitarias sobre as catro da tarde.
Tal e como sinala o 112 foi unha colisión entre dous vehículos, pero que se saldou sen feridos. Ata o lugar, tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.







Comentarios