top of page

Colisión entre dous coches na parroquia agoladesa de Berredo

Ecos da Comarca/Agolada

Este venres tivo lugar un accidente entre dous vehículos no munipicio de Agolada, que por sorte, saldouse sen feridos. O suceso ocorreu cerca das 21:00 horas. Tivo lugar na estrada PO-840 á altura da parroquia de Berredo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Tratouse dunha colisión entre dous coches e sucedeu no coñecido como cruce de Berredo. Tal e como nos indicaron os alí presentes, un dos vehículos incorporábase dende a estrada EP-6302 Brántega-Berredo e outro, circulaba pola PO-840, dirección Melide, cando colisionaron.

O accidente de onte en Berredo. Autor: Ecos da Comarca.

Nun dos coches viaxaba só o condutor e noutro unha parella, con dous nenos menores e un can. Por sorte, e a pesar dos danos materias de ambos vehículos, non houbo que lamentar danos persoais.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico. Veciños alí presentes mostraron a ECOS DA COMARCA a súa preocupación e reclaman unha maior seguridade nese cruce e nese punto desta estrada, e incluso, falaron da posibilidade de recoller firmas para presentar ao organismo pertinente.

 
 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page