top of page

Colisión entre catro vehículos en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Arzúa no que se viron implicados catro vehículos, pero que se saldou sen feridos.

Foto de arquivo.

O 112 Galicia foi alertado minutos antes das 12:30 horas. "Tratouse dunha colisión entre catro vehículos no que viaxaban en total sete persoas que resultaros ilesas todas", sinala o 112 Galicia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Sucedeu na N-547 na propia localidade arzuá diante do hotel Suíza, como puntualiza o 112. Este mobilizou a Urxencias Sanitarias, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.





Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page