Colisión en Dozón entre un camión e un vehículo sanitario que trasladaba a unha persoa
- ecosdacomarca
- 22 abr 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón

Esta tarde produciuse unha colisión entre dous vehículos no municipio de Dozón. O suceso tivo lugar ao redor das catro da tarde. No mesmo, tal e como informa o 112 Galicia, virónse implicados un camión e un vehículo sanitario que trasladaba a unha persoa. O incidente saldouse con feridosleves.
O accidente tivo lugar na estrada que vai de Castro de Dozón ao Alto da Rocha.
O 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de Deza, ao Ges de Lalín e a Garda Civil de Tráfico.
Comments