Colisión dun coche e unha furgoneta no municipio de Arzúa
- ecosdacomarca
- 1 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 2 sept 2023
Ecos da Comarca/Arzúa

Este venres rexistrouse un accidente de tráfico no concello de Arzúa. Foron dous vehículos os implicados e saldouse cunha persoa ferida leve. O 112 Galicia foi alertado ás 19:33 horas.
"Tratouse dunha colisión dun turismo e unha furgoneta na N-547 á altura da parroquia da Castañeda", informa o 112 Galicia quen sinala que na chamada indicaban que a furgoneta estaba envorcada e que no turismo saltaran os airbags.
Publicidade
Con estes datos, o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Publicidade
"Tempo despois os bombeiros indicáronos que un dos vehículos, a furgoneta, estaba envorcado lateralmente e por iso dúas persoas non daban saído. Os bombeiros tiveron que axudar a unhas delas a saír mentres que a outra finalmente, conseguiuno polo seu propio pé", puntualiza o 112 Galicia que ademais, sinala que unha das persoas estaba ferida leve.
Comments