Coliden dous vehículos en Santiago e un deles cae por un barranco con dous ocupantes no seu interior
- ecosdacomarca
- 15 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Coliden dous vehículos en Santiago e un deles cae por un barranco con dous ocupantes no seu interior, tal e como informa o 112 Galicia. Os Bombeiros de Santiago confirmaron que os ocupantes feridos do vehículo estaban liberados e accesibles.

Ocorreu sobre as seis e cuarto desta mañá. A esa hora, varios alertadores contactaban co 112 Galicia para informar do accidente. Indicaban que se trataba dunha colisión entre dous turismos que circulaban pola AC-250, quilómetro 5.5, en Sabugüeira, en Santiago de Compostela. Engadían, ademais, que, tras o impacto, un dos turismos caera por un barranco e que os dous ocupantes, posiblemente, estaban atrapados.
Publicidade
Así, con estes datos, desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Santiago. Así mesmo, foron avisados os axentes de Tráfico e da Policía Local, así como, o persoal do servizo de mantemento da vía.
Publicidade
Unha vez no punto, os Bombeiros comunicaron que os feridos estaban liberados e accesibles, polo que descartaron o uso de material de excarceración.
Comentários