top of page

Coincienciación no servizo de madrugadores do Concello de Antas pola Semana das Persoas Xordas

Realizáronse varias actividades para coñecer a linguaxe de signos, ademais de crear conciencia sobre cuestións ás que estas persoas se enfrontan na súa vida cotiá


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O servizo de Madrugadores do Concello de Antas de Ulla organizou esta semana varias actividades de concienciación para os nenos e nenas con motivo da celebración da Semana Internacional das Persoas Xordas.

ree

“O servizo de Madrugadores, ofertado polo Concello de Antas de Ulla, pretende ser un espazo de conciliación familiar e laboral, no que ademais de realizar un almorzo saudable tamén se levan a cabo actividades de concienciación, ocio e tempo libre”, asegura a alcaldesa, Pilar García Porto.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Con motivo da celebración da Semana Internacional das Persoas Xordas, no servizo de madrugadores realizáronse varias actividades para coñecer a linguaxe de signos, ademais de crear conciencia sobre cuestións ás que as persoas xordas se enfrontan na súa vida cotiá.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Explicándolles aos nenos e nenas a celebración desta semana, preténdese reivindicar e visibilizar a realidade das persoas xordas ante o mundo, onde teñan cabida as súas demandas en cuestións de dereitos e onde se pon en valor a riqueza da cultura xorda.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page