top of page

Coidado con esta chamada telefónica: fanse pasar polo servizo técnico de Microsoft

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A ECOS DA COMARCA chamáronos este xoves ata en tres ocasións


Ecos da Comarca/Xeral

ECOS DA COMARCA recibiu este xoves tres chamdas teléfonicas estranas que nos levou a pensar que se podía tratar dunha estafa teléfonica. Despois, investigando comprobamos que efectivamente no mes de novembro a Policía Nacional alertaba deste fraude. Así que moito ollo!


Un número con prefixo, neste caso, alemán (+49) (pero pode ser calquera outro) chamounos ese mesmo día ás 7:30, ás 9:00 e ás 11:00 horas. Cabe mencionar que a terceira vez nin collemos a chamada. Era unha muller con acento estranxeiro. Na primeira chamada solicitaba un número (algo así coma un número ordinario) polo que ao momento xa colgamos a chamada, pero ao chamar por segunda vez aí déronse a coñecer dicindo que eran da empresa Microsoft e inmediatamente, volvimos cortar a chamada.


Investigando chegamos a varias novas onde se alerta desta estafa. O xornal El Economista o pasado mes de novembro publicou unha noticia a través da cal a Policía Nacional informa deste fraude.


Os estafadores están a contactar con persoas a través dunha chamada suplantando ao servizo técnico de Microsoft. A Policía Nacional advirte de que se trata dunha fraude e que non hai que caer na estafa. Trátase dun engano ben estruturado. O primeiro obxectivo dos ciberdelincuentes é lograr o contacto telefónico coa súa vítima potencial, xa que esta será a vía utilizada para solicitar e obter acceso á información e dispositivo.


En que consiste a estafa?

Tal e como explican desde a Oficina de Seguridade do Internauta, a vítima recibe unha chamada no teléfono móbil. Cando a persoa contesta, os estafadores identifícanse, en inglés ou español, como un servizo de soporte técnico de Microsoft e informan de que o dispositivo está en risco e é necesario realizar accións urxentemente.


Os ciberdelincuentes instan á vítima para seguir as súas instrucións, mesmo se a persoa négase a seguir as súas ordenas móstranse enfadados e vólvense máis insistentes. Se a vítima cae na estafa, aparecerá un erro na navegador web, un aparente aviso do sistema ou outra xanela emerxente. Xunto co texto do aviso, facilítase un número de teléfono de axuda.


Nese momento, os ciberdelincuentes instan á persoa a que instale un programa de acceso remoto para poder solucionar o problema. Se se instala este programa, os estafadores terán vía libre para acceder a todos os datos importantes do computador. Incluso a vítima poderá ver como entran nos seus cartafoles, as súas redes sociais e fan compras en liña coas súas credenciais sen poder evitalo, xa que o control do computador estará en mans dos delincuentes.

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page