top of page

Cogami reclama poñer fin ás desigualdades que prexudican a saúde das persoas con discapacidade

Leva a cabo esta reivindicación hoxe con motivo do Día Mundial da Saúde


Ecos da Comarca/Xeral

Con motivo do Día Mundial da Saúde, que se celebra este luns, 7 de abril, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), xunto con COCEMFE estatal e o seu Movemento Asociativo, reclama ás administracións públicas que garantan o acceso pleno, equitativo e efectivo ao dereito á saúde das persoas con discapacidade física e orgánica, e denuncia a persistencia de carencias estruturais que afectan este grupo social.

Anxo Queiruga, presidente de Cogami.
Anxo Queiruga, presidente de Cogami.

O 75 % das persoas con discapacidade non recibe coa regularidade e intensidade necesarias os servizos sanitarios e sociais que precisan para cubrir as súas necesidades nestes eidos, cifra que ascende ao 80 % no caso das mulleres con discapacidade. Ademais, o 81,6 % deste grupo social debe asumir gastos adicionais para acceder a tratamentos ou produtos sanitarios, sendo o 37 % quen afronta máis de 200 euros ao mes por este motivo.


O presidente COGAMI, Anxo Queiruga, denuncia que “os servizos sanitarios seguen presentando graves barreiras físicas, comunicativas e de acceso á información”. Engade que “estas barreiras, sumadas ao descoñecemento xeneralizado sobre as condicións de vida das persoas con discapacidade, actúan como factores que intensifican a exclusión social e restrinxen o desenvolvemento da autonomía persoal e o dereito á saúde e a unha vida independente”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Neste sentido, dende COGAMI apostamos por unha coordinación efectiva en todos os niveis como elemento esencial para desenvolver un espazo sociosanitario eficaz, público e universal, que “debe contar con orzamento e recursos suficientes, e adoptar un enfoque preventivo, comunitario e centrado na persoa”, sinala Queiruga.


Ademais, COGAMI e o Movemento Asociativo de COCEMFE defenden a necesidade da universalización e equidade territorial dos servizos de saúde e atención social; eliminar as barreiras en centros de saúde, hospitais e servizos de urxencias; garantir o acceso a tratamentos e tecnoloxías de apoio; rematar cos sobrecustos sanitarios que asumen as persoas con discapacidade; mellorar a formación do persoal sanitario na atención á discapacidade, e reformar a atención sociosanitaria, garantindo unha atención integral, centrada na persoa e cunha perspectiva de xénero e discapacidade.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page