top of page
Foto del escritorLaura Moure

Cogami realizou máis de 75 asesoramentos en accesibilidade a particulares

Laura Moure/Xeral

Dende que inicia en 2003, a área de Accesibilidade de COGAMI ten como función asesorar sobre axudas técnicas e sobre a lexislación vixente para que os espazos e servizos sexan humanizados conforme a criterios de accesibilidade universal. Nos inicios, pretendíase resolver os problemas na vivenda familiar e, co paso do tempo, ampliouse esta función ata ofrecer un servizo de asesoramento en obras de espazos urbanos en beneficio do conxunto da sociedade.

A esta área solicitáronse por correo electrónico, telefonicamente ou de xeito presencial, un total de 78 asesoramentos, sendo os temas máis tratados os relacionados cos accesos de entrada a portais e vivendas particulares, a adaptación dun aseo ás necesidades dunha persoa con mobilidade reducida e tamén sobre cuestións das contornas urbanas.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con respecto ao lugar de procedencia das persoas que solicitaron asesoramento, a provincia de A Coruña con 39 foi a que máis contabilizou, seguida da de Pontevedra con 30, Lugo con 6 e Ourense con 3. Este asesoramento é de carácter gratuíto para as persoas con discapacidade e familias e dende a área de Accesibilidade trasládase unha resposta que pretende ser a solución máis doada para a persoa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Moitas das consultas recibidas sobre accesibilidade rematan en intervencións dun profesional experto que se despraza ata o domicilio para tomar datos, medidas e fotografías dos espazos, como resultaron ser as 43 intervencións realizadas neste pasado ano. Tras analizar as necesidades, elabórase un informe final que recolle o estado actual da vivenda e as propostas de mellora dos espazos tendo, sempre en conta as necesidades que presenta a persoa.


Dende a área de Accesibilidade de COGAMI destacan que as melloras dun inmoble benefician tanto á persoa primeiramente interesada, como tamén ao resto de veciñas e veciños, negocios, oficinas, persoas que reparten mercadorías, entre outras.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ademais de analizar as necesidades en vivendas particulares, dende COGAMI tamén se traballa con organismos públicos para facer unha sociedade máis adaptada a toda a cidadanía. Como exemplo é o proxecto desenvolvido de fomento da cultura inclusiva que se trasladou a 13 centros escolares de Santiago de Compostela; a valoración da accesibilidade das instalacións da facultade de Matemáticas da USC; a valoración dos centros de atención temperá dos concellos de Carral, Tomiño e Mos ademais da realización dun informe sobre a accesibilidade do IES Alfredo Brañas de Carballo.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page