Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Cogami realizou máis de 50 intervencións sobre accesibilidade durante o ano 2021

A maior parte das consultas que chegaron concentráronse na provincia de A Coruña (62%), seguidas da de Pontevedra (24%), Ourense (11%) e Lugo (3%)


Laura Moure/Xeral

A área de Accesibilidade de Cogami realizou durante o ano 2021 un total de 53 intervencións e respondeu a 20 consultas, todas elas referidas a como levar a cabo melloras en espazos privados ou comunitarios, como tamén, para asesorar sobre itinerarios accesibles en espazos públicos.


Unha intervención consiste na visita dun profesional experto en accesibilidade universal ao domicilio da persoa usuaria para tomar datos, medidas e fotografías dos espazos para posteriormente elaborar un informe acompañado duns planos, cando resulta necesario, nos que se reflicte o estado actual e as propostas de mellora da vivenda, espazos comúns ou espazo público, sempre tendo en conta as necesidades que presenta a persoa.


Dende que inicia en 2003, a área de Accesibilidade de Cogami ten como función asesorar sobre axudas técnicas e lexislación para que os espazos e servizos sexan humanizados

conforme a criterios de accesibilidade universal. Se ben nos inicios o cometido principal era resolver problemas na vivenda familiar, co paso do tempo ampliou esta función, de maneira que actualmente ofrece un servizo de asesoramento en obras de espazos urbanos en beneficio do conxunto da sociedade.

A maior parte das consultas, todas estas remitidas a Cogami a través de chamadas telefónicas, por correo electrónico e en menor medida presencial coa pandemia, foron

trasladadas tanto por persoas con discapacidade ou familiares como tamén dende entidades, empresas e mesmo dende representantes da administración pública. En canto ás temáticas destas, están relacionadas en como facer accesible o acceso a unha vivenda familiar, como adaptar un aseo ou como facer unha senda pública accesible a todas ás persoas.