Cogami levará a cabo en abril un curso en Lalín sobre alfabetización dixital
- Laura Moure

- 28 feb 2025
- 1 Min. de lectura
Está dirixido a persoas con discapacidade dun mínimo do 33% ou co certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual que concede o INS
Laura Moure/Lalín
A partir do día 1 de abril, a aula Cemit do Auditorio Municipal de Lalín (rúa da Banca, 10) acollerá un curso de Alfabetización Dixital que imparte COGAMI. Dirixido a persoas con discapacidade dun mínimo do 33% ou co certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual que concede o INS, esta formación constará de 60 horas lectivas que se van a impartir en horario de mañá os martes e xoves de 9:00 a 14:00 horas.

Financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través de COCEMFE, entidade estatal da que forma parte COGAMI, esta formación está dirixida a persoas con discapacidade adultas que presentan necesidades educativas específicas. Está aberta a inscrición para quen desexe formarse neste curso que non suporá custo algún para as persoas que se matriculen.
Entre temas que se van tratar están o manexo de aplicacións e ferramentas básicas, o coñecemento de portais de emprego, o deseño e implementación do currículum, a redacción dunha carta de presentación, o manexo da Chave 365, o uso da clave permanente, entre outros.







Comentarios