Cogami inicia o curso de acompañante de transporte en Silleda con 14 persoas apuntadas
Forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE)
Laura Moure/Silleda

Un total de 14 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual inician curso de Acompañantes de transporte na Casa da Xuventude de Silleda que lles imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). Esta formación contará cunha duración de 55 horas, das cales 25 son teóricas e 30 serán
prácticas en empresas das zonas de residencia habitual das persoas que se están
formando, co fin de facilitar o contacto co tecido empresarial da zona de busca de emprego coa conseguinte inserción laboral.
O alumnado deste curso comprende idades de entre os 25 e os 63 anos e procede de
distintos concellos da provincia de Pontevedra como Silleda, Lalín e A Estrada e tanto se
están a formar para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez e tamén para
lograr unha reciclaxe profesional.
Este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que desenvolve
Cogami na provincia de Pontevedra e que financia Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE). O que pretende este programa é ofrecer oportunidades para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional das persoas con discapacidade de entre 18 e 65 anos.