Cogami inicia en Deza un curso de alfabetización dixital para persoas con discapacidade
- Laura Moure
- 4 abr
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Lalín
Cogami iniciou un curso de Alfabetización dixital nas instalacións da aula Cemit no Auditorio Municipal de Lalín. Ao longo deste mes, 9 persoas, 5 mulleres e 4 homes, aprenderán a utilizar ferramentas que lles van permitir realizar xestións coas diferentes administracións, ademais de aprender a utilizar o comercio electrónico e mesmo buscar emprego a través das plataformas especializadas.

Esta formación, financiada dentro das actuacións dirixidas á atención de persoas con discapacidade adultas con NEE 2023-24 polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través de COCEMFE, entidade a nivel nacional da que forma parte COGAMI, terá unha duración de 60 horas impartidas en horario de 9:30 a 14:00 horas.
No curso abordaranse varios módulos, centrándose na navegación por internet e manexo do correo electrónico, a utilización do procesador de textos e a folla de cálculo. Consistirá en aprender o uso básico e na adquisición de habilidades dixitais que sirvan para poder acadar canto antes a inserción no mundo laboral.
Publicidade
Para poder acceder a esta formación, foi imprescindible que o alumnado, procedente dos concellos de Lalín e A Estrada, tivera en posesión o certificado de discapacidade ou de incapacidade laboral para a profesión habitual. As persoas que iniciaron esta formación están apuntadas na bolsa da área Emprego de COGAMI e buscan capacitarse para inserirse no mercado canto antes. Actualmente na comarca de Deza hai 265 persoas inscritas nesta bolsa como demandantes de emprego, 145 homes e 120 mulleres.
Comments