top of page

Cogami fortalece o voluntariado en Galicia con 92 novas incorporacións en 2024

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Xeral

Durante o ano 2024, foron 92 persoas as que se incorporaron á bolsa de voluntariado que ten COGAMI, chegando a engrosar a cifra de 1.369 persoas inscritas. Das novas incorporacións deste ano, 21 foron persoas con discapacidade que se unen ao compromiso da promoción da inclusión e a participación social dentro do colectivo.

A rede de voluntariado de COGAMI iniciou no ano 2001 para canalizar programas de acompañamento e apoio a persoas con discapacidade dentro e fóra do domicilio, como apoio educativo a estudantes que precisan de reforzo nalgunha materia, como apoio das persoas que realizan natación terapéutica e durante a realización de actividades de lecer e deportivas.


Outra das participación das persoas voluntarias é durante a realización de charlas de sensibilización, concienciación e prevención de lesións medulares que COGAMI dirixe ao conxunto da poboación, sobre todo, nos centros educativos. A participación das persoas voluntarias consiste en contar as súas propias vivencias. Durante 2024 realizáronse 62 charlas nas que participaron 1.297 persoas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Dirixida a persoal que xestiona programas de voluntariado, COGAMI ofrece tamén formación especializada para reforzar o movemento asociativo con programas como Rede de Voluntariado da Liña VI, financiado pola Xunta de Galicia cos fondos do 0,7% do IRPF. En 2024 este programa contou coa participación de 54 persoas voluntarias e xestoras de accións de voluntariado.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con este programa, COGAMI reafirma o seu compromiso coa promoción da inclusión e a igualdade, fortalecendo o seu papel como referencia no voluntariado social en Galicia.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page