top of page

Cogami escoita ás empresas para coñecer a súa visión sobre a discapacidade

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Un proxecto de boas prácticas para a inclusión laboral no que embarca este ente xunto a

entidades doutras comunidades españolas, francesas e portuguesas, pretende mellorar as

oportunidades laborais das persoas con discapacidade


Laura Moure/Xeral

Co fin de implicar ás empresas como axentes de inserción laboral, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade embarca nun proxecto que pretende mellorar as

oportunidades laborais das persoas con discapacidade. Denominado Decid-E (Desenvolvemento de Redes de Cooperación Transnacional para a Inclusión Laboral das

Persoas con Discapacidade), este proxecto, ademais de desenvolverse en Galicia a través

de COGAMI, tamén se está a levar a cabo en entidades doutras comunidades españolas,

ademais de Francia e Portugal.

Iniciado por COCEMFE, entidade da que forma parte COGAMI a nivel estatal, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Fundación ONCE, a través do Programa

POISES (Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, 2014-2020), este

proxecto ten por obxectivo mellorar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade a través de iniciativas de cooperación europea entre entidades que traballan pola inclusión laboral das persoas con discapacidade física, orgánica e sensorial.


Dende COGAMI contactouse con empresas de Lugo, Santiago, Ourense e Vigo para

debater os seus puntos de vista sobre a discapacidade. Nestes encontros, as empresas

participantes amosaron a súa satisfacción coa iniciativa porque lles permite xerar un espazo onde poder coñecerse e compartir experiencias. Estes foros serven tamén para eliminar falsos mitos, medos, dúbidas e derrubar barreiras mentais, así como normalizar a

discapacidade como unha característica máis da persoa.


Nesta busca do contacto directo co empresariado para coñecer a súa visión sobre a relación que mantén cos servizos de emprego de entidades como COGAMI, ademais de afondar no papel das empresas como axentes de inserción e trazar liñas de colaboración, analizáronse metodoloxías aplicadas para identificar boas praxes e consensualas cunha posta en común do persoal técnico dedicado á orientación laboral.


Tras este intercambio, detectáronse necesidades como a falta de formación orientada á

inserción, facer xornadas de sensibilización dirixidas ao empresariado para que tanto este como os seus cadros de persoal amplíen a visión sobre a discapacidade, desmitificar o

absentismo laboral no sector da discapacidade e mesmo lograr facer empresas máis

inclusivas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Ademais do empresariado, as fases seguintes deste proxecto Decid-E centraranse no

contacto con persoas con discapacidade, persoal técnico que traballa en servizos de

orientación laboral especializados de persoas con discapacidade e tamén entidades do

sector, o que serían todos os axentes sociais implicados.


Ao ser unha iniciativa de cooperación, levarase a cabo unha análise de metodoloxías

aplicadas e posta en común que será recollida nun documento de boas praxes que servirá

de guía para as persoas profesionais do sector.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page