Cogami e o seu movemento asociativo poñen en marcha 39 proxectos sociais
- Laura Moure

- 31 ago 2025
- 3 Min. de lectura
Beneficiarán a máis de 3.000 persoas con discapacidade en Galicia
Laura Moure/Xeral
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e as súas entidades membro están a desenvolver un total de 39 programas financiados a través dos fondos do 0,7% do IRPF, procedentes das persoas contribuíntes que marcaron o recadro 106 de Fins Sociais na declaración da renda, fondos que xestiona a Xunta de Galicia. Estas iniciativas están a beneficiar durante este ano a máis de 3.000 persoas con discapacidade e ás súas familias en toda Galicia, especialmente en contornos rurais.
Os proxectos organízanse en cinco liñas estratéxicas: apoio ás familias, inclusión sociolaboral, promoción da autonomía persoal, mellora de infraestruturas e igualdade de xénero.
No ámbito do apoio familiar, destaca o programa In-Itinere, desenvolvido no centro de atención diúrna de COGAMI en Fingoi (Lugo), dirixido a familias en situacións de especial vulnerabilidade derivadas da discapacidade. En inclusión sociolaboral, COGAMI e ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) impulsan o Servizo de Inclusión e Transición ao Emprego, que ofrece orientación e acompañamento personalizado para facilitar a inserción laboral e a autonomía económica.

A promoción da autonomía persoal concrétase en programas de atención especializada, atención integral, asesoramento social, atención temperá, transporte adaptado, actividades de lecer, cultura e deporte inclusivo, así como servizos de rehabilitación e apoio terapéutico. Estes servizos desenvólvense tanto desde COGAMI como a través das súas entidades membro distribuídas por todo o territorio galego.
Neste eido, desenvólvense actividades de físico-rehabilitadoras, de atención psicolóxica e apoio social:
AFFOU (Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense),
AGFQ (Asociación Galega de Fibrose Quística),
AGL (Asociación Galega de Linfedema)
GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña)
Programa de atención integral que favorece a recuperación funcional potenciando a autonomía na vida diaria.
ADAPTA (Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta)
AVEMPO (Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra)
AMIZADE (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Pontevedra.
Promoción da igualdade de oportunidades na vida social e no acceso ao emprego.
ACEM Coruña
ACEM Santiago
ASOTRAME (Asociación Galega de Transplantados de Medula Ósea)
Apoio psicosocial e asesoramento individualizado.
Entidades de Loita Contra as Enfermidades do Ril: Alcer Coruña, Alcer Ourense e Alcer Pontevedra.
ACCU (Asociación de Enfermos de Crohn e Colite Ulcerosa).
Atención Temperá dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou discapacidade recoñecida.
VONTADE (Asociación de Persoas con Discapacidade de Baixo Miño).
MiISELA (Asociación de Persoas con Discapacidade da Comarca de Noia e Muros).
Lecer, Cultura e Deportes Inclusivos que promoven a participación activa en actividades culturais e deportivas
ASEM GALICIA (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares).
ÁMBAR (Asociación das Persoas con Diversidade Funcional na comarca da Barbanza).
Orientación, asesoramento e terapias como fisioterapia, terapia ocupacional ou psicoloxía.
ASEM Galicia (Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares).
ASEARPO (Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra)
ConArtrite Santiago.
Publicidade
Transporte Adaptado, servizo que reforza a mobilidade mediante a contratación de condutores ou condutoras e a ampliación das rutas que garanten o acceso ás persoas usuarias dos centros de atención diúrna de COGAMI.
Na liña de mellora de infraestruturas, realizáronse actuacións incluíndo obras de accesibilidade, eficiencia enerxética, instalación de enerxías renovables e adquisición de equipamento para talleres, rehabilitación e servizos dixitais. Ademais de levárense a cabo nos centros de atención diúrna de COGAMI en Mos, Monte Porreiro (Pontevedra), Fingoi (Lugo), Medelo (Silleda) e no CEGADI, en Santiago,tamén se realizaron nas entidades:
A Mariña COGAMI, mellorou as instalacións do centro de Palmeiro (Xove).
ACADAR, o proxecto ACADAR 3.0 centrado na mellora dos recursos dixitais ofrece unha atención de calidade a mulleres e nenas con discapacidade.
ACEM Santiago, engadiu salas multifuncionais para atención e actividades.
ADAPTA de Ponteareas adquiriu un vehículo adaptado para o seu centro.
AGORA de Monforte de Lemos dotou o seu centro de día de material para terapias e reformou un aseo.
AIXIÑA de Ourense instalou enerxía solar fotovoltaica no seu centro integral de servizos.
AMARAI de Arzúa e Terras de Melide mellorou o servizo de transporte adaptado.
AMBAR da comarca da Barbanza fixo obras de conservación e mantemento da fachada do seu centro.
AODEMPER adquiriu material informático.
ASPAMITE de Teo dotouse de material de rehabilitación.
ÍNTEGRO de Costa da Morte realizou obras de mellora no seu centro.
Párkinson Galicia Coruña co proxecto DixiPark, centrado na atención integral a persoas con párkinson.
VONTADE, con obras de reparación do seu centro.
Publicidade
No eido da igualdade de xénero, COGAMI e ACADAR levan a cabo o programa Activa-das, que busca apoderar ás mulleres con discapacidade mediante formación, acompañamento e creación de espazos seguros para fomentar a súa autonomía persoal e social.
Con este conxunto de accións, COGAMI e as súas entidades membro reafirman o seu compromiso coa inclusión, a equidade e os dereitos das persoas con discapacidade e familias galegas, apostando por un modelo máis participativo, accesible e centrado nas persoas.








Comentarios