Cogami e as súas entidades membro concéntranse para visibilizar a falta de transporte adaptado
- Laura Moure
- 19 oct 2024
- 1 Min. de lectura
Será o día 22 e nas comarcas haberá unha en Arzúa da man de Amarai
Laura Moure/Arzúa
A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), en colaboración coas súas entidades membro, reivindicarán un transporte sen barreiras o vindeiro martes, 22 de outubro ás 11:00 horas en distintas localizacións. Nas comarcas terá lugar en Arzúa. Baixo o lema Campaña Teletransporte contra a discriminación demandan "que ata que o teletransporte sexa viable, pedimos que os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade!"

A falta de accesibilidade nos medios de transporte segue sendo unha barreira significativa para moitas persoas con mobilidade reducida no seu día a día, sinala Cogami. O propósito desta campaña é concienciar e esixir que todos os transportes cumpran as normativas de accesibilidade.
"Dende COGAMI queremos impulsar un cambio real na sociedade e visibilizar que a falta de accesibilidade vulnera dereitos fundamentais, como a liberdade de circulación, o acceso á educación, ao emprego e á saúde.
Publicidade
Por iso, COGAMI e as súas entidades membro explicarán dende diferentes paradas de autobuses esta problemática para denunciar as barreiras de accesibilidade que enfrontan
diariamente as persoas con discapacidade física e orgánica para facer uso do transporte. Esta campaña de concienciación e denuncia, levarase a cabo simultaneamente en varias
provincias a nivel estatal, na que as persoas concentradas irán con vestimentas da mítica
serie televisiva Star Trek.
En Arzúa será da man de Amarai e a concentración terá lugar na rúa Alcalde Juan Vidal s/n de Arzúa.
Comments