top of page

Cogami atendeu a 80 mulleres con discapacidade a través dun servizo de atención especializada

Financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade, ofrece información, orientación,

asesoramento e intervención coa persoa e coa familia, para que a muller poida acadar os

seus obxectivos


Laura Moure/Xeral

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) dispón dun Servizo de

Atención Especializada á Muller con Discapacidade co que pretende dar resposta ás súas

necesidades, especialmente daquelas que se atopan en situación de risco tras vivir

situacións de violencia na contorna familiar, doméstica ou institucional como son unha baixa participación social, dificultades na incorporación ao mercado laboral ou unha

sobreprotección social e familiar.

Por este servizo, iniciado o 1 de xaneiro deste ano e con remate este vindeiro 31 de agosto, pasaron un total de 80 mulleres con discapacidade. Co fin de dotalas de maior autonomía e independencia para a mellora da súa situación persoal, social e laboral, todas elas foron atendidas por un equipo de profesionais de traballo social dos centros que COGAMI ten en A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo e Vigo.


Publicidade

O Servizo de Atención Especializada á Muller con Discapacidade, que conta con

financiación da Secretaría Xeral de Igualdade, ofrece información, orientación,

asesoramento e, no caso de ser preciso, intervención coa persoa e coa familia, co fin de que a muller poida acadar os seus obxectivos. Estas intervencións poden ser individualizadas e tamén grupais, dirixidas á adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para lograr que as mulleres se introduzan no mercado laboral.


Tradicionalmente, a sociedade tendeu a illar e a segregar ás mulleres con discapacidade,

existindo un tipo de discriminación que carece de recursos ou dispositivos legais eficaces

para eliminar e corrixir estas condutas discriminatorias, como son contar con cotas maiores

de desemprego, salarios inferiores, menor acceso aos servizos de saúde, maiores carencias educativas, escaso ou nulo acceso a programas e servizos dirixidos a mulleres en xeral, maior incidencia de vítimas de violencia e todo tipo de abusos.


Publicidade

A través deste Servizo de Atención Especializada á Muller con Discapacidade, preténdese

previr e dotar ás mulleres de recursos persoais suficientes para afrontar posibles situacións

de risco, para adquirir un maior empoderamento persoal e promocionar a activación de cara á busca de emprego.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page