top of page
Perruquería Marisa.gif

COGAMI anima a denunciar aqueles campamentos que exclúan a menores con discapacidade

Ecos da Comarca/Silleda

Os campamentos de verán son unha das opcións que máis elixen as familias para que nenas/nenos e adolescentes poidan convivir durante uns días cos seus iguais compartindo

momentos de lecer. "Lamentablemente, non todos estes menores teñen este dereito

garantido porque non poden acceder a instalacións ou participar en actividades conxuntas

pola súa discapacidade ou polas súas necesidades", indica COGAMI.

"Dende COGAMI queremos lembrarlles tanto a organismos públicos como privados que os

campamentos urbanos e/ou de conciliación que se poñan en marcha deben ser inclusivos

para todas as persoas, sen excluír a ninguén por razón de discapacidade e que, polo tanto, deben ser deseñados e dotados dos recursos precisos para acoller a menores con

discapacidade. Cando as familias de menores con discapacidade vexan vulnerados os seus dereitos lexítimos para participar en igualdade de condicións, tanto en campamentos como noutras actividades extraescolares promovidas por institucións públicas, dende COGAMI instámolas a que reclamen e denuncien estas situacións ante organismos pertinentes. Lembramos que os poderes públicos teñen a obriga de respectar os dereitos, protexer ás persoas e promover as medidas precisas para dar efectividade a dito dereito".

Ante esta situación, apunta que vén sendo habitual que durante os veráns a área Xurídica de COGAMI recolla queixas e reclamacións de familias que viron menoscabados os dereitos das fillas/ fillos tras seren expulsados de campamentos urbanos municipais, programas concilia, ludotecas, escolas de verán e outro tipo de actividades de lecer ou deportivas. "A estas/es menores fáiselles pasar por situacións de discriminación ao denegarlles a oportunidade de inscrición en actividades argumentando que é por falta de persoal de apoio especializado. Dende COGAMI queremos lembrar a importancia que ten para as persoas con discapacidade a participación na sociedade e para iso é esencial que as actividades de lecer, turísticas, culturais, deportivas e recreativas sexan accesibles e favorezan a inclusión en igualdade de condicións. Por iso, é imprescindible que á hora de organizar calquera tipo de evento se teña en conta a súa inclusión durante a planificación, o deseño e a organización. Ante calquera dúbida, lembramos que COGAMI conta cunha área de Accesibilidade con anos de experiencia en asesoramento e deseño de contornas accesibles á que calquera organismo se pode dirixir para pedir información".


Así mesmo, sinala que outras das queixas que chegaron a COGAMI xeráronse coa volta da organización de festivais. Ata a área Xurídica chegaron reclamacións de persoas con discapacidade denunciando festivais que non tiveron en conta a perspectiva da discapacidade durante a organización, ocasionando restricións de acceso e impedindo que se garanta a participación en igualdade de oportunidades neste tipo de eventos".

0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page