Correos lanza vídeos dos seus profesionais co obxectivo de promocionar o Camiño de Santiago
Laura Moure/Silleda
Os carteiros son as persoas que máis coñecen o noso rural e as distintas rutas, xa que cada día fan moitísimos quilómetros. Por iso, os profesionais de Correos son os máis idóneos tamén para falarnos das rutas xacobeas. Esta firma lanza vídeos dos seus carteiros para precisamente dar a coñecer distintas zonas do Camiño de Santiago. Hai meses sacamos a grabación que fixera Rafael Méndez carteiro de Arzúa e hoxe queremos mostrar o de Cristina, unhas das carteiras de Silleda.
Publicidade
"En Correos levamos máis de 300 anos recorrendo camiños para chegar día a día a todas as vilas e fogares. Facemos preto de 700.000 quilómetros diarios (como dar a volta ao mundo 17 veces!) para chegar a todos os rincóns de España e temos máis de 2.000 oficinas postais por toda España. Así que, quen mellor que os nosos carteiros que están preto do Camiño de Santiago e que o recorren día a día para axudarte e solucionar todas as túas dúbidas. Aquí (https://www.elcaminoconcorreos.com/gl/consellos-do-carteiro ) podes ler a súa resposta a algunhas das preguntas máis frecuentes que se fan os peregrinos. Ademais, na información de cada etapa atoparás unha recomendación de que facer, ver ou comer en cada lugar para gozar ao máximo do teu Camiño", sinala Correos a través da súa web.
Publicidade
"Hoxe veremos Silleda e os seus arredores da man da nosa compañeira Cristina. Esta localidade pontevedresa, coñecida por albergar a Feira Internacional de Galicia, ostenta unha importante riqueza monumental e natural. Visitaremos lugares icónicos como o Mosteiro de Carboeiro, pasando pola Fervenza do Toxa. Ademais, Cristina recoméndanos probar a gastronomía da zona, sendo os melindres de Silleda a xoia da coroa", adianta Correos.
NOTICIA RELACIONADA:
Promoción de Arzúa por parte do carteiro Rafael Méndez: https://www.ecosdacomarca.com/post/quen-mellor-ca-o-carteiro-para-promocionar-un-pobo
תגובות