top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Clausura da 2ªedición do programa de crecemento empresarial de Deza-Tabeirós, no cal participou ECOS DA COMARCA

Ademais do noso medio de comunicación asistiron a Asociación de Mulleres que Aman o Rural, Plazeite, Viralatas Petshop, Workevents e a Amarelas


Ecos da Comarca/Deza

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou este martes na Finca Mouriscade a segunda edición do programa de crecemento empresarial de Deza-Tabeirós, no cal participiu ECOS DA COMARCA. Nesta iniciativa, enmarcada dentro de SmartPeme, participaron seis proxectos empresariais das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes que recibiron durante os primeiros meses do ano en Lalín un programa formativo que lles axudou a lanzar e/ou consolidar as súas iniciativas de emprendemento.

A vicepresidenta, Luisa Sánchez, lembrou que a Finca Mouriscade é “un importante centro de investigación desde o que apoiamos o sector agrogandeiro da provincia e esta clausura tiña que realizarse aquí porque é un emblema e un símbolo que pon de manifesto un dos grandes compromisos deste Goberno: o apoio e o respaldo á economía da provincia”. Sánchez desexou que esta toma de contacto, a primeira desde a súa toma de posesión como deputada con competencias en Impulso ao Emprego, “sexa só o punto de partida dun camiño compartido moi longo no que sexamos testemuños dos vosos éxitos”. Sobre o programa, a vicepresidenta provincial destacou que “a axuda dos nosos profesionais foi fundamental, pero estou segura de que poder compartir experiencias, inquietudes, preocupacións e éxitos con outras persoas que se atopan na mesma situación que vós tivo que ter un valor incalculable”.


Publicidade

O programa de crecemento empresarial da Deputación comezou a mediados de decembro e realizouse no Viveiro de Empresas do Polígono Industrial Lalín 2000 coa participación de seis proxectos da Estrada, Lalín, Silleda e Agolada: a Asociación de Mulleres que Aman o Rural, o medio de comunicación local Ecos da Comarca; o negocio de produtos a granel Plazeite, o negocio de produtos para mascotas Viralatas Petshop, a organizadora de eventos networking Workevents e a empresa de economía social relacionada coa natureza e o patrimonio Amarelas.

A intervención de Amar

As seis son iniciativas empresariais en fase inicial e de consolidación, e recibiron un programa formado por sesións de formación grupais, de carácter dinámico e innovador, para potencialas ao máximo e favorecer a colaboración e creación de sinerxías entre elas. Tamén se beneficiaron de asesoramentos personalizados e individualizados para afondar sobre competitividade, emprendemento, identidade corporativa ou novas tecnoloxías.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page