Ecos da Comarca/Silleda
Por motivos de seguridade e ata novo aviso, a tirolina do parque infantil que está na praza Juan Salgueiro de Silleda está clausurada, tal e como informa o Concello. A rotura dunha das pezas deste elemento de xogo –probablemente por un exceso de peso no uso da mesma- pon en perigo a seguridade das persoas usuarias.
Publicidade
Dende o Concello de Silleda xa se procedeu en días pasados a dar aviso á empresa instaladora para proceder á substitución da mesma. Pese a que se está a axilizar ao máximo o proceso de reparación, o peche das empresas fabricantes no mes de agosto por vacacións, podría retrasar a substitución desta peza, clave no funcionamento da tirolina.
Publicidade
Aínda así, o resto do parque permanece aberto para o disfrute dos nenos e as nenas da zona.
Comments