top of page

Cinco persoas resultaron feridas a causa dunha colisión frontal en Boimorto

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Boimorto

Foto de arquivo.

Este domingo rexistrouse un accidente en Boimorto que se saldou con cinco persoas feridas, tal e como informa o 112 Galicia que foi alertado ás 12:57 horas. Tratouse dunha colisión frontal na estrada AC-840, ao paso pola parroquia de Dormeá.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Alguén que pasaba por alí viu o accidente e púxose en contacto co 112 Galicia. Este aviso serviu para poñer en marcha os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios. Así,acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén intervieron os equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"En total, cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración. De feito, dúas delas presentaban lesións leves e outra máis tiña un problema nun brazo anterior ao accidente", indica o 112 Galicia.


Todos foron evacuados en senllas ambulancias ao centro hospitalario de referencia.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page