top of page

Cinco enfermos de ELA acompañados de familiares e da Garda Civil realizan o Camiño de Santiago

Este martes chegaron ás Comarcas de Terra de Melide e Arzúa


Laura Moure/Melide/Arzúa

Ponte Ferreiros cruzando o río Catasol á saída de Santa María en Melide

Tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña, este martes chegaron á provincia da Coruña e estiveron polas comarcas de Terra de Melide e de Arzúa os compoñentes da peregrinación do grupo Compostela. A Garda Civil como núcleo básico da seguridade nos diferentes roteiros do Camiño de Santiago, no marcou do Plan de Turismo Seguro e máis concretamente o Plan de Seguridade Xacobeo 2023, co obxectivo dun Camiño Seguro e Accesible a todos os colectivos e persoas, realiza o acompañamento deste grupo ata Santiago de Compostela.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O grupo está composto por cinco persoas afectadas por ELA e os seus acompañantes, sendo un total de 30 persoas acompañados por efectivos voluntarios e fóra de servizo da OMAP apoiados polas patrullas territoriais. Teñen previsto a chegada a Santiago o próximo día 7.

En Ribadiso, Arzúa.


Cabe mencionar que a esclerosis lateral amitrófica (ELA) é unha enfermidade neurodegenerativa progresiva, invariablemente fatal. Ataca ás células nerviosas (neuronas).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page