top of page

Cinco actas de infracción en Silleda nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os axentes inspeccionaron 17 locais e as cinco infraccións están relacionadas coa carencia por parte dos establecementos de cartel informativo da prohibición de venda de subministro de alcohol a menores


Ecos da Comarca/Silleda

Axentes da xefatura provincial da Unidade de Policía Adscrita de Galicia en Santiago de Compostela levaron a cabo un dispositivo conxunto de prevención de consumo de alcohol por menores de idade o pasado 24 de xaneiro na localidade de Silleda. Como resultado, dos 17 locais inspeccionados, levantáronse cinco actas de infracción por carecer os establecementos de cartel informativo da prohibición de venda e subministro de alcohol a menores de idade, que foron remitidas á Consellería de Sanidade.

O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e o subministración a menores de idade, tanto en  locais de ocio como bares, pubs ou discotecas coma en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expendedores de alcohol e tabaco. Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de ocio frecuentadas por menores de idade. Os obxectivos pasan por acadar que os establecementos se axusten á normativa en materia de alcohol e tabaco, pero tamén moi especialmente que os menores de idade adopten pautas de conduta saudables, evitando o consumo destes produtos a idades temperás polas importantes repercusións para a saúde que teñen estes consumos na mocidade. 

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page