top of page

Ciclo de cine nas parroquias de Arzúa dentro da campaña do CIM e do Concello sobre o 25N

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A entrada é libre e está dirixido a maiores de 12 anos


Laura Moure/Arzúa

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Arzúa e o Concello de Arzúa lanzan o CIMnema Circulante, un ciclo de cinema social e galego que levará historias comprometidas ás parroquias, como parte da campaña "Que a vergoña sexa deles". Esta iniciativa busca sensibilizar sobre as violencias machistas, promovendo unha sociedade máis xusta, igualitaria e feminista a través da narrativa audiovisual.


Por que un ciclo de cine nas parroquias?

O cinema é unha ferramenta transformadora, capaz de espertar conciencia, empatía e reflexión. Tradicionalmente, as actividades culturais e de sensibilización quedan concentradas nos núcleos urbanos. Con este ciclo, o Concello reafirma o seu compromiso de deslocalizar as actividades do CIM, achegándoas ás parroquias, e de utilizar o cinema como medio para visibilizar realidades que a miúdo permanecen ocultas ou incomprendidas.

Lucía López, concelleira de Igualdade, afirma que “durante anos, o cinema de todo o mundo normalizou e perpetuou a violencia contra as mulleres. Agora, o cinema galego demostra que hai outra forma de contar historias: as mulleres galegas pasamos de ser accesorios nos guións a convertermonos nas protagonistas, e iso é un reflexo da transformación feminista que estamos construíndo.”


Pola súa parte, Adrián Gonçalves, director do CIM, destaca que “queremos recuperar o cinema como espazo social, un lugar que convide á reflexión e axude a empatizar con aquelas realidades que non vemos ou non comprendemos plenamente. Este ciclo é unha oportunidade para achegar unha mirada feminista a toda a veciñanza e para construír, desde as parroquias, unha sociedade máis igualitaria.”


Unha programación comprometida coa realidade das mulleres galegas


  •     22 de novembro | 19:00 | Local Social de Brandeso. Matria: Unha historia de forza e resiliencia que retrata a loita dunha muller galega traballadora fronte ás adversidades.

  • 30 de novembro | 19:00 | Local Social de Oíns. Tódalas Mulleres que Coñezo: Unha conversa profunda sobre as experiencias, retos e desigualdades que enfrontan as mulleres no mundo actual.

  • 5 de decembro | 19:00 | Local Social de Viladavil. O Corno: Un relato impactante que explora identidade, resistencia e superación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Entrada libre e dirixido a maiores de 12 anos en todas as sesións.


Un compromiso feminista desde as institucións

Este ciclo non só busca ofrecer unha actividade de ocio, senón tamén utilizar o cinema como ferramenta pedagóxica para espertar reflexións profundas e promover a empatía coas historias das mulleres. Desde as parroquias, o CIM e o Concello de Arzúa apostan por unha programación que fomente unha sociedade máis feminista.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page