top of page

Cheo absoluto de postos, con 68 expositores dos que 53 son queixerías, na 49ª Festa do Queixo de Arzúa

O artista Xan Veiga, quen celebra o 30 aniversario da súa primeira actuación profesional, e a xornalista e cooperante pola igualdade de xénero Paula Fernández serán nomeados arzuáns do ano


Laura Moure/Arzúa

Este xoves tivo lugar na Casa de Correos de Arzúa, na Rúa das Dores, a presentación oficial do programa completo da 49.ª Festa do Queixo. Interviron Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa; José Luís Lamas, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa; Alberto Alfonso, director do Festival do queixo; Guadi Galego, artista 2024 Festival do queixo e José Luís García, concelleiro de Cultura do Concello de Arzúa.


O mandatario deu a benvida e presentou aos voceiros, non sen antes facer unha lembranza a historia desta festa de vital importancia tanto para a vila como para Galicia. Da primeira como motor fundamental da economía da zona e patrimonio cultural do Concello como a nivel galego ao ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia desde 1999.

Destacou que o vento non e só unha exposición de produtos lácteos, senón unha experiencia para compartir coñecementos e unha ocasión para degustar e desfrutar de produtos gastronómicos propios e alleos. Nese fío resaltou tamén a importancia da música con concertos para todas as idades tanto no escenario como nas rúas da vila e de obradoiros e xogos de mesa. Tamén salientou a figura da pregoeira María Vázquez nomeada por segunda vez aos premios Goya.


En definitiva, fixo fincapé na diversidade e inclusión nunha festa aberta cunha determinada  aposta polo propio non sen antes agradecer ao concelleiro de Cultura e ao resto de traballadores do Concello o seu esforzo na organización do evento. Rematou animando a todos a vir a unha terra onde “aomos xente hospitalaria e afable que sempre vos recibirá cos brazos abertos”.


Pola súa banda, José Luís Lamas, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa, agradeceu á organización o convite á rolda de prensa, na que debuta como presidente. Destacou algúns datos da D.O. como a aportación de 200 kg de queixo para obradoiros e agasallos, así como a colaboración no concurso de pinchos no que participarán 16 establecementos EFA colaborará na preselección.


 4.400.000€ queixos

O ano pasado récord en pezas e en vendas, vendéndose más de 4.400.000€ queixos.

Desde que comezou a certificación aló polo ano 1.997 a DOP Arzúa-Ulloa puxo no mercado máis de 75M de quilos de queixo. Contan con 1.500 explotacións gandeiras das cales máis de 860 en activo no 2023. A DOP é, novamente a primeira DOP en produción e venda de queixo en Galicia e tamén a primeira nos queixos elaborados con leite de vaca en España. Sendo a primeira a nivel global  o queixo manchego, sendo este de ovella. Para finalizar destacou o traballo de control continuo para manter a calidade do queixo Arzúa Ulloa así como o esforzo promocional e de divulgación a través de catas comentadas nos colexios e escolas de hostelería, asistencia a feiras gastronómicas, patrocinios e campañas publicitarias a nivel nacional.


Alberto Alfonso, director do Festival do queixo, desgranou máis polo miúdo a programación artística do festival, que contará con 7 actuacións entre sábado e domingo, 5 galegos e dous estatais. O sábado Tu Futura Exmujer, gañadores do 'Queixo Maquetón' (21:30 horas), La Plazuela (22:25 horass), Arde Bogotá (00:20 horas) e Grande Amore (02:05 horas); O  domingo De Vacas (12:30 horas) Guadi Galego (18 horas) e Fillas de Cassandra (19:50 horas). 


Quixo facer fincapé no sistema de acceso, que como o ano pasado será gratuito ate completar aforo 3.300 persoas, e rematou agradecendo ao Concello contar novamente co seu traballo e animou a todos a asistir e desfrutar.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Na súa quenda, a artista Guadi Galego e sen querer destripar moito os aspectos do seu espectáculo do domingo 3 de marzo no escenario de Arzúa, declarouse moi contenta por estar por segunda vez nun día onde as mulleres galegas van poñer o broche á festa. “Será un concerto dunha autora galega de 50 anos con 25 de carreira”. Será una consagración de que estamos vivas como o queixo de Arzúa, e un espectáculo dirixido “a todo aquel que se queira achegar a música galega sen filtro”.


Mentres, José Luís García, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa, tras agradecer á prensa que se achegara nun día tan intempestivo, aproveitou, como nos últimos actos públicos para agradecer o apoio dos traballadores que supliron as súas ausencias, xa que por motivos de saúde non estivo ao 100% na preparación desta edición.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

En canto ao deseño do cartel, explicou que este ano foi unha encarga debido fundamentalmente ás queixas dos profesionais, así como á vontade de dar oportunidades a deseñadores e ilustradores locais. No deseño deste ano preséntase unha muller moderna e apoderada pero sempre cunha referencia a tradición.


O concelleiro agradeceu a axuda de EFA Piñeiral e a das empresas privadas involucradas nos cursos e promocións do queixo. “Na maioría das casas de Arzúa hai algún avó ou avoa que traballou no queixo” e destacou a importancia dar a coñecer esta tradición histórica e cultural aos cativos. Nese senso agradeceu tamén a EFA Piñeiral polas actividades que fai, a través das seccións de repostería ou marketing.


Veciños destacados

E destacou o torneo Chess&Cheese así como a figura da pregoeira María Vázquez e doutro artista, Xan Veiga, quen celebra o 30 aniversario da súa primeira actuación profesional e será nomeado Arzuán do ano xunto ca xornalista e cooperante pola igualdade de xénero Paula Fernández.


Destacou outras actividades como o 7º Festival Pequequeixo, e as actividades nos pasacalles e no recinto feira multiusos “terra do queixo”. Nese senso, en canto a o recinto feiral, deuse un cheo absoluto de postos (quedando fora algúns expositores interesados, facendo un total de 68 expositores dos que 53 son queixerías (9 DOP Arzúa Ulloa e 6 co certificado de produto lácteo tradicional) os horarios serán 11 a 20:30 e o domingo de 10 a 18:30 horas.


O domingo de 12:00 a 13:30 h haberá un punto de atención a infancia para que os pais poidan deixar aos nenos atendidos e eles dar un paseo e mercar tranquilos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Finalmente quixo reivindicar dous aspectos. En primeiro lugar a presenza da muller na festa, cun 50% de actuacións femininas no escenario, e a prioridade á musica feita en Galicia fronte á feita fóra. Das 6 actuacións principais 4 están protagonizadas por grupos galegos o que diferencia o cartel da Festa do queixo de Arzúa doutros carteis de festivais de Galicia durante o verán que estando subvencionados pola Xunta non inclúen grupos galegos. A organización entende que música galega ten que estar presente e ser protagonista.


“Sempre son un pouco reivindicativo. Temos unha programación completa. Arzúa vai estar chea, teremos queixas veña moita ou pouca. É imposible calcular o aforo. Isto faise case con financiamento propio. A Xunta non axuda e contamos coa subvención da Deputación da Coruña 30.000 € o demais é case todo aportación propia.”


Rematou agradecendo a todos a asistencia e logo deu por concluída a rolda de prensa.

O acto tivo unha duración estimada de 30 minutos. Ao remate servíronse uns petiscos e agasallouse aos medios cun queixo da DOP Arzúa-Ulloa cedido polo Consello Regulador.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page