top of page

Chegan ao Pino 200 persoas, entre elas 60 nenos, da Asociación de Voluntarios de Oncoloxía Infantil de Málaga

Participan no Reto Camiño de Santiago e está previsto que rematen hoxe en Compostela


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino recibiu este xoves 27 de xuño aos participantes do ‘Reto Camiño de Santiago’ de AVOI (Asociación de Voluntarios de Oncoloxía Infantil de Málaga). O grupo, integrado por máis de 200 persoas, inclúe 60 nenos e nenas oncolóxicos, as súas familias, e a un equipo de 15 profesionais sanitarios entre médicos, enfermeiras e fisioterapeutas, así como voluntarios.

ree

Esta é unha segunda vez que o grupo realiza o Camiño de Santiago, tras a súa primeira experiencia en 2019. Os participantes chegaron ao Pino ao redor das 13:30 horas cantando e foron recibidos polo alcalde Manuel Taboada, polo concelleiro José Fuentes, e polo secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández.

Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O rexedor mostrouse moi orgulloso de poder axudarlles na súa estancia no Pino xa que o grupo instalouse no interior do pavillón e na zona exterior para realizar a comida e pasar a noite tras esta dura xornada. Os membros de AVOI amosaron efusivamente o seu agradecemento ao Concello polo apoio loxístico e polo cariño que lles prestaron.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información do evento

O grupo continou onte co Camiño. Está previsto que hoxe, sábado, ás 10:30 horas, chegue a Santiago onde serán recibidos por Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia. Este encontro será o colofón dunha viaxe dura pero emotiva, que subliña a forza e a resiliencia dos nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page