top of page

Chegan a Silleda conexións móbiles máis rápidas e de mellor cobertura co despregamento de 4G e 5G

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Permitirá aos silledenses gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior dos edificios e ampliará a extensión xeográfica


Laura Moure/Silleda

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Silleda o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá á veciñanza silledense gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

foto

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía estatal. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos, pódese consultar a seguinte ligazón:


O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019 Este proceso realizouse a partir da liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF), que ata entón se empregaban para a recepciónda Televisión Dixital Terrestre, nun procedemento coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, esas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de nova xeración.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

Coa nova rede móbil ábrese a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar melloras significativas tanto na velocidade de descarga como no envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais enalta definición). Tamén permitirá sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.


A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas mellorasfundamentais:

1. A primeira é a solución aos diversos problemas relacionados coa orografía complicada presente na xeografía española, onde tradicionalmente fallaba a cobertura.

2. A segunda é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.


A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videoconferencia, entre outros. Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior dos edificios e permitirá estender o servizo de forma eficiente en termos xeográficos.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT

Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT. Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon a disposición da cidadanía unha serie de servizos gratuítos, incluíndo un procedemento correctivo tras o acendido das estacións, polo cal Llega700 atenderá os usuarios afectados, xestionando e resolvendo posibles incidencias sen ningún custo.


Para xestionar estes servizos, púxose á disposición da cidadanía un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e a páxina web www.llega700.es

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page