top of page
Foto del escritorLaura Moure

Chega unha nova edición de Arzúa Viva con actividades para toda a familia

Será o domingo 28 de xullo e realizaranse xogos, actividades de lecer e actuacións dirixidas a público infantil e mozo


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa dá a coñecer o programa de actividades para unha nova edición de Arzúa Viva, incluída na programación cultural de verán. A Carballeira de Santa María, ubicada detras do Pavillón polideportivo de O Cruceiro, acollerá este domingo, 28 de xullo, a 17ª edición con actividades de lecer e actuacións para público infantil e para a mocidade.

A edición de Arzúa Viva de 2019.

De 17:00 a 21:00 horas haberá instalados diversos inchables, un posto con diferentes obradoiros, contarase coa actividade de tiro con arco e tamén cunha área con xogos para toda a familia que inclúe xogos tradicionais e xogos reunidos con taboleiros e fichas de grandes dimensións.


Ademais, a partir das seis da tarde terá lugar o espectáculo O show de Fifo, un pallaso que non sabe se vive nun soño e coa axuda dos nenos e nenas, vai descubrir, a través de xogos, de bailes, de números cómicos e de moitas risas, se vive nun mundo certo ou se é mellor espertar.


A xornada rematará cunha sesión de discoteca móbil con moita animación e música de todos os tempos e tamén de actualidade para a participación de todos os públicos de todas as idades.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Dende o Departamento de Cultura tamén se informa de que se habilitarán mesas e bancos para que todas as persoas que queiran levar a merenda, teñan un espazo cómodo para tal fin. A asistencia a todas as actividades é totalmente de balde e o acceso libre.


O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “a todas as familias a participar nesta xornada pensada para o disfrute de todas e de todos con actividades que buscan o entretemento e pasalo ben, mais tamén a convivencia entre veciñas e veciños nun ambiente festivo e de lecer”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page