top of page

Chega por vez primeira a Deza os cursos gratuítos de español para inmigrantes da Deputación de Pontevedra

Celebraranse entre os meses de maio e xuño en Pontevedra e Vigo, e en setembro en Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

A Deputación de Pontevedra abre este mércores, 5 de marzo, o prazo para participar nunha nova edición dos cursos de español para inmigrantes que, como novidade, este ano chegan por vez primeira á comarca de Deza, cunha edición que terá lugar en Lalín. Esta actividade formativa gratuíta, que conta cun orzamento de 18.000 euros, ten por obxectivo que as e os participantes superen as probas orais, escritas e de comprensión do exame DELE A2 do Instituto Cervantes, indispensable para que poidan solicitar a nacionalidade española.

En concreto, a institución provincial promoverá este ano tres accións formativas de 40 horas de duración. Desta maneira, ademais da de Lalín, celebraranse outras dúas en Pontevedra e Vigo para facilitar ás persoas de países non falantes de español a consecución deste título e apoiar, así, a súa integración na provincia como cidadanía de pleno dereito. En cada cidade ofertaranse 20 prazas (60 en total) dirixidas a persoas inmigrantes que saben ler e escribir, se atopan en situación regular en España, son maiores de 16 anos, están empadroadas nalgún dos concellos da provincia e teñen coñecementos básicos da lingua española.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os cursos comezarán en Vigo, onde terán lugar do 19 de maio ao 3 de xuño, sendo a segunda edición en Pontevedra entre o 9 e o 24 de xuño. Posteriormente, a Lalín chegarán no mes de setembro, entre os días 9 e 19. As tres accións formativas completaranse, ademais, cunha sesión de catro horas de duración antes do exame DELE A2, previsto para o día 12 de setembro no caso de Vigo e Pontevedra e o 22 de novembro en Lalín, coa finalidade de lembrar a estrutura da proba e resolver dúbidas de derradeira hora. A metodoloxía da formación baséase no emprego de supostos prácticos, simulacros de exame e no desenvolvemento de destrezas e estratexias para asentar os coñecementos e adaptalos ao tempo de duración da proba.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page