Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través da Concellería de Comercio, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, desenvolverá ao longo deste ano 2024 a campaña informativa Infoconsumo.

Co obxectivo de dispoñer de información en materia de consumo e coñecer os nosos dereitos para reducir os riscos de vulnerabilidade, haberá charlas informativas nas que se asesorará á poboación silledense (mocidade, maiores, mulleres comerciantes…) de diferentes temas de interese.
Publicidade
Deste xeito, falarase dos Dereitos básicos das persoas consumidoras: como reclamar; Servizos financeiros e bancarios: conta de pago básica, tarxetas, dixitalización dos servizos…; Servizos non fogar: luz e gas; e Consumo responsable e decisións de compra: prezos etiquetaxe…
Publicidade
A primeira charla terá lugar o venres 2 de febreiro na Casa da Xuventude de 18:30 a 19:30 horas e o tema central serán os Servizos de telefonía móbil: como facer unha reclamación en caso dun mal ou deficiente servizo, como abrir unha incidencia, como cambiar de compañía, importes erróneos ou facturas excesivas.
Publicidade
Tanto esta charla coma as posteriores xornadas que versarán sobre diferentes temas, están abertas á cidadanía en xeral.
Comentários