top of page

Chega a Silleda o Musical dos 80’s e 90’s, o espectáculo que triunfou en Madrid

É o primeiro musical oitenteiro que encheu teatros de toda España, entre eles o de Gran Vía de Madrid


Ecos da Comarca/Silleda

O Musical dos 80’s e 90’s chega ao Auditorio Semana Verde de Galicia de Silleda o venres 20 de outubro ás 21:30 horas. Trátase dun teatro musical baseado no reencontro de varios

amigos do instituto 25 anos despois no bar “La Movida del Bacalao” para recordar cancións do pop español dos anos 80 e 90, hits deses veráns e éxitos internacionais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Nun ambiente de comedia e diversión, o público asistente poderá participar no espectáculo cantando e bailando cos personaxes.


O Musical dos 80’s e 90’s, da compañía Onbeat e distribuída por Pares o nones, xa obtivo éxito no teatro EDP Gran Vía de Madrid, estando tamén en Barcelona e noutras cidades de España.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Poderase mercar a entrada de maneira online en woutick.es e tamén no Concello de Silleda, na cafetería Cuppedia, no bar Pukará e no Bar Arume, a un prezo de 15 euros (18 euros en taquilla).



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page