top of page

Chega a Silleda “El Sevilla” co seu monólogo “La vida es rocanrol”

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

El Sevilla. Fonte: Wikipedia.

“La vida es rocanrol” chega ao Auditorio Semana Verde de Galicia de Silleda o venres 1 de marzo ás 21:00 horas. Trátase dun monólogo no cal “El Sevilla” despois de terminar un concerto da súa banda (Los Mojinos Escozíos) entra no seu camerino e mentras se desviste, desnúdase por fóra e por dentro, confesando o duro que é vivir sendo un rockero. Amosa tamén as súas dúbidas e reflexións nun tono de humor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Este espectáculo, dunha duración aproximada de 100 minutos, está dirixido a todos os públicos. “La vida es rocanrol”, da compañía MPC Management e distribuído por Pares o Nones Producciones, xa estivo nos teatros de Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Murcia ou Valencia e tamén noutras cidades españolas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Poderase mercar a entrada de maneira online en woutick.es e a partir do luns 22 presencialmente no Concello de Silleda, cafetería Cuppedia, bar Pukará e no bar Arume, a un prezo de 13 euros (16 euros en taquilla).


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page