Laura Moure/Silleda
A programación de Nadal do Concello de Silleda continúa hoxe, venres, despois da exitosa Festa Infantil no pavillón e a representación da obra teatral Frida, que tivo lugar este xoves no salón de actos do Concello a cargo da compañía local A Cova das Letras.
Publicidade
Así ás 18:30 horas terá lugar na praza Siñor Afranio a posta en escea de “Circo de Foto”, un espectáculo de pura acción co obxectivo de mater a atención e impresionar ao público. “Circo de fogo”, para todas as idades, mistura técnicas de danza con malabarismos, manipulación, xogos de lume e pirotecnia, humor e trato directo co público.
Interpretado por Joao Alvim Y Miriam Crespo, fan que este espectáculo luza de efectos visuais impresionantes e de forma segura, dignificando así o motivo dos actos con lume.
Publicidade
Ao remate deste espectáculo, o público poderá disfrutar da sesión de luz e son proxectados sobre a fachada da nova Casa do Concello de Silleda, unha aposta ca que se abriu a programación de Nadal deste ano.
Lémbrase que con motivo destas sesión, as rúas Progreso (no tramo ata a praza Siñor Afranio) e Cartaxena estarán pechadas ao tráfico dende as 16:00 horas.
Publicidade
Concerto de Nadal e carreira de San Silvestre
A fin de semana traerá tamén ao programa de Silleda outros dous clásicos, o concerto de Nadal da Banda de Silleda, co espectáculo “Circo de Malabares”, no que a formación local actuará ca compañía Pista Catro (sábado ás 19:30 horas no pavillón 1 da Semana Verde); e a carreira de San Silvestre o domingo, que estrea percorrido e que virá acompañada dunha festa Pre Fin de Ano ao mediodía.
Comments