Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Chega a Silleda “A Vila do mañá” que convertirá as rúas nunha zona de xogo durante unha semana

O proxecto educativo e e de divulgación, con obradoiros gratuítos para nenos e nenas de 5 a 14 anos, terá lugar do 28 de xuño ao 3 de xullo en Silleda


Laura Moure/Silleda

Silleda acollerá durante unha semana, do 28 de xuño ao 3 de xullo os obradoiros de A Vila do Mañá, unha aposta lúdico educativa que nos últimos anos se desenvolveu en distintas localidades galegas e que chegou tamén ata San Paulo, no Brasil. Como podemos recuperar a identidade das novas vilas e cidades? Como poderían volver a ser novo lugar de encontro e intercambio….? Algunhas destas cuestións levaron no seu día ao estudo PØSTarquitectos a crear o proxecto A Vila do Mañá, unha iniciativa educativa e de divulgación para que dende a dinámica do xogo a infancia tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe.


Estes obradoiros están destinados a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos do termo municipal con distintas actividades coordinadas por personal monitor que se desenvolverán en horario de mañá e de tarde nas rúas de Silleda. As actividades son gratuítas e será preciso formalizar a inscrición no Concello (poderá facerse a partir da vindeira semana). Inicialmente ofertaránse 40 prazas. Desenvolveranse en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas ( o sábado 3 sería só de mañá).

Troitiño, González e Trotiño, durante a presentación da iniciativa.


As actividades están organizadas polas Concellerías de Cultura, de Educación e de Urbanismo. O reto principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura. “O fin é provocar neles e espertar unha nova mirada sobre os espazos nos que desenvolven a súa vida”, explica Sandra González, promotora da iniciativa, que participou na presentación das actividades cas concelleiras de Educación, Ángela Troitiño, e de Urbanismo, Pili Peón.

Con “Silleda, a vila do mañá” tomarase a localidade como un taboleiro de xogo e laboratorio de experimentación, transformando a localidade en algo novo a descubrir se se mira e percorre con outros ollos.


O taboleiro está feito con elementos característicos do municipio, concebido como un orixinal e inédito xogo da oca. “É importante que dende pequenos coñezamos o valor do noso territorio para ser conscientes e saber coidalo o día de mañá”, explica a arquitecta Sandra González. As actividades que se plantexan nos obradoiros estructuraranse a través de seis conceptos fundamentais: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento tridimensional. Concebir a vila como espazo de xogo, recuperando ideas propostas polo holandés Aldo Van Eyck, e tamén cas premisas e Francesco Tonucci, creador do programa A cidade dos nenos, é un dos obxectivos desta iniciativa que busca que os nenos e nenas actúen como vangarda da recuperación do territorio para a cidadanía e que vén de desenvolverse nos últimos anos con grande éxito en localidades como Vilagarcía, Carballo, Arzúa, Ames, Rianxo, Cambados, Arteixo, Malpica ou Santiago, entre outros.




16 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE