Das comarcas tamén participan nesta iniciativa Arzúa e Melide e se nestes concellos a recollida selectiva se incrementa nun 10%, percibirán unha recompensa de 1.500 euros para destinar a causas sociais
Laura Moure/Silleda
A campaña Únete ao reto posta en marcha por Ecoembes e a Xunta de Galicia vén de recalar en Silleda co obxectivo de fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e briks en contedores amarelos. O alcalde, Manuel Cuiña, o coordinador de Márketing de
Ecoembes, Julio Alonso de Velasco, e a concelleira de Medio Ambiente, Pili Peón, presentaron onte a iniciativa en Silleda. Cabe mencionar que das comarcas esta iniciativa tamén se leva a cabo en Arzúa e Melide.

O reto consiste en incrementar, alomenos nun 10 % as cifras de recuperación deste tipo de residuos con respecto ao ano anterior. Para cumprir o obxectivo farase unha programación especial na rúa durante tres meses para concienciar á veciñanza da importancia e os beneficios que ten este pequeño xesto para o medio ambiente.
De lograr este reto, o Concello de Sillea recibirá unha recompensa de 1.500 euros, cantidade que se destinará a unha causa social. O reto xa está en marcha ata o 30 de xuño, e entre as medidas que se levarán a cabo para superar o desafío, está a instalación de un contedor xigante, no entorno da Avenida do Parque, e a realización actividades de
concienciación a pé de rúa e polos establecementos comerciais e hosteleiros.
A campaña chegará este ano, na súa cuarta edición, a un total de 11 municipios galegos.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments