As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, superan a vintena
Laura Moure/Arzúa
A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa organiza a campaña de dinamización
comercial Semana Branca do Comercio que terá lugar do 3 ao 9 de xuño nas tendas asociadas participantes do Centro Comercial Aberto de Arzúa no seu horario habitual. Estas xornadas comerciais extraordinarias teñen por obxectivo estimular as vendas da
colección do verán e fidelizar aos clientes, así como atraer ao CCA a novos consumidores.
Durante a campaña, os comercios participantes ofrecerán diversas vantaxes coas súas
mercas: vales desconto agasallo para unha segunda compra, participacións en diversos sorteos (vales de compra/lotes de produtos) e/ou promocións especiais da “Semana Branca” con significativos descontos directos. Ademais, para fidelizar aos clientes do CCA Arzúa, AECA celebrará o gran sorteo dunha escapada á Ribeira Sacra cunha estancia para 2 persoas nun hotel balneario****, entre tódalas mercas efectuadas por calquera persoa maior de idade durante a campaña e por importe superior a 25€. As bases da actividade, así como as ofertas de cada tenda poderán ser consultadas polos consumidores no blog da páxina web da AECA: www.aecomarcadearzua.com a partir do 1 de xuño.
Publicidade
As tendas participantes, maioritariamente do sector moda, calzado e complementos, superan a vintena: Arroupadiños, Asian, Boutique Anduriña, Calzados Iglesias, Carola Moda Arzúa, Comercial Alfonso Souto, Deportes López, Europa Asia, Estrenas Zapatería &
Complementos, Lage Moda, Librería Os Picariños, M&D Lencería e Fogar, Mi Tata, MíaMaría, Miss Zapatos, Moda Sari, Novavisión Óptica, Óptica Abal, Sport Moda, Su & Su
Salón de Beleza e Vadi Moda.
Durante a Semana Branca tódolos locais participantes estarán identificados co cartel da campaña, así como coa decoración temática dos seus escaparates. E ata no outfit do persoal das tendas predominará a cor branca, facendo así un guiño á actividade organizada.
Publicidade
Dende o Centro Comercial Aberto de Arzúa animan tanto aos veciños de toda a comarca
como aos visitantes a apoiar ao comercio de proximidade, xa que é a opción de consumo
máis sostible e a única que sempre garantiza un bo servizo e a calidade dos seus produtos. A organización da AECA non duda que os consumidores aproveitarán esta gran oportunidade para adquirir artículos de primeiras marcas a prezos máis vantaxosos e conseguir participacións nos sorteos programados.
Comments