top of page

Chega a Rodeiro a Marcha Solidaria en Bicicleta a favor da investigación do cancro infantil

Iniciouse o 3 de xuño e discorre polo Camiño de Santiago desde Córdoba con saída desde o Hospital Reina Sofía ata Santiago de Compostela cun total de 990 quilómetros


Laura Moure/Rodeiro

O 3 de xuño 2024 comezou unha marcha solidaria que discorre polo Camiño de Santiago desde a cidade de Córdoba con saída desde o Hospital Reina Sofía ata Santiago de Compostela en bicicleta cun total de 990 quilómetros, todo iso situado no roteiro dos camiños mozárabes, pasando por poboacións como Hinojosa del Duque, Medellín, Trujillanos, Salamanca, Zamora, entre outros. O Instituto Maimónides de Investigación Biomédica de Córdoba (IMIBIC) e Hospital Universitario Raíña Sofía de Córdoba, xunto con outras empresas, administracións, asociacións e equipos de fútbol, participan e colaboran nesta actividade solidaria para o seu correcto desenvolvemento. Esta iniciativa chegou este martes a Rodeiro. Os participantes foron recibidos polos concelleiros Alberte Lamazares e Xulia Dacal.

Facer visible esta enfermidade e a recadación de fondos para a investigación é o seu obxectivo principal. Hai que valorar e destacar a colaboración de todo o persoal que fai posible este evento solidario, voluntarios e colaboradores na marcha, así como o asesoramento a este proxecto que nace de Javier Rodríguez, pai dun paciente infantil afectado por un tumor cerebral e protagonista desta marcha solidaria xunto con Nicolás Zúñiga, sanitario da unidade de oncohematología pediátrica.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O principal obxectivo da recadación de fondos a través das empresas, asociacións colaboradoras con este ilusionante proxecto, non é máis que a achega á investigación do Cancro Infantil, onde coa participación do Instituto Maimónides de Investigación Biomédica de Córdoba (IMIBIC) farase posible.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"A Rodeiro chegaron o martes ás 20:30 horas e sairon este mércores pola mañá. Recibímolos Xulia Dacal máis eu e solidarizamos coa sua campaña que conleva un sacrificio enorme por parte deles para unha causa do máis xusta. Estes recibimentos na Casa de todos e todas as Cambotes son un orgullo para nós polo que quedamos moi satisfeitos", sinala o edil e tenente de alcalde, Alberte Lamazares.


Como colaborar?



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page